Co gallo da celebración do mes cultural chegou ao Centro de Bormoio-Agualada unha representación de músicos do "Centro Coreográfico Galego". Ofrecéronnos un concerto de música tradicional galega do máis ameno, no que nos ensinaron un por un todos os instrumentos cunha explicación detallada das partes do instrumento así como o seu funcionamento.
Agradecemos moito a súa visita, así como a difusión que fan da música tradicional galega.
Deixámosvos uns pequenos vídeos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario