Amosando publicacións coa etiqueta edlg. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta edlg. Amosar todas as publicacións

Letras galegas 2021

Bo día das letras galegas!!!
Aquí vos deixamos un video-resumo do obradoiro de Xela Arias que fixemos no cole o venres.
Neste obradoiro recreamos varias das facetas da autora escribindo poemas, traducindo libros, facendo cartaces para protexer o medio ambiente e decorando a imaxe de Xela entre todos e todas!


Aquí tendes as instruccións que seguistes para o reto...


E aquí unhas imaxes do voso traballo, acompañadas dunha canción de "A banda da Loba" na que puxeron música aos versos de Xela Arias.


Tamén bailamos unha muiñeira conxunta para homenaxear a relación de Xela coa música. Aqui tendes un pequeno video ilustrativo.


Bo traballo a tod@s !!!

Semana da Prensa 2020

Co gallo da semana da prensa do 9 ao 13 de marzo, o alumnado do centro fixo diferentes seccións dun xornal. Por motivos que todos coñecemos co caso do COVID19, algúns grupos non tiveron tempo de rematar o seu excelente traballo xornalístico. Por este motivo, publicamos agora o material que temos sen perxuicio de que cando voltemos aos nosos postos de traballo, que esperemos sexa o máis pronto posible, poidamos actualizar o xornal.
Dicir tamén que aínda que tiñamos pensado que cada alumno e alumna  levara o seu propio xornal impreso, como os tabloides ingleses, desta volta teremos que conformarnos ca versión dixital.
Bo teletraballo, rapaces!
Logo copiado e adaptado con fins formativos e sen ánimo de lucro ao novo xornal, en galego, Nós Diario.