Letras galegas 2021

Bo día das letras galegas!!!
Aquí vos deixamos un video-resumo do obradoiro de Xela Arias que fixemos no cole o venres.
Neste obradoiro recreamos varias das facetas da autora escribindo poemas, traducindo libros, facendo cartaces para protexer o medio ambiente e decorando a imaxe de Xela entre todos e todas!


Aquí tendes as instruccións que seguistes para o reto...


E aquí unhas imaxes do voso traballo, acompañadas dunha canción de "A banda da Loba" na que puxeron música aos versos de Xela Arias.


Tamén bailamos unha muiñeira conxunta para homenaxear a relación de Xela coa música. Aqui tendes un pequeno video ilustrativo.


Bo traballo a tod@s !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario