Ola tod@s!
Un ano máis chegou o Samaín ao CEIP de
Bormoio-Agualada! O noso cole está invadido por caveiras, morcegos, ratos, arañas, cabazas, pantasmas e espíritos
terroríficos.
Para celebralo convocamos un concurso
de relatos de medo, no que todos os nen@s terán un agasallo simplemente por
participar e, a maiores, haberá un premio a nivel individual e tamén para a
clase do nen@ gañador de cada unha das categorías. As categorías nas que
compiten son:
- A aula de 4º de EI e a aula de 5º e 6º de EI.
- O alumnado de 1º e 2º de EP.
- O alumnado de 3º e 4º de EP.
- O alumnado de 5º e 6º de EP.
Ademáis, realizaremos un concurso
de cabazas no que premiaremos con diversos agasallos:
· A clase máis participativa.
· A nivel individual:
- A cabaza máis terrorífica.
- A cabaza máis orixinal.
- A cabaza máis divertida.
Dende o Equipo de Biblioteca tamén
ofrecen recomendacións de libros arrepiantes para desfrutar lendo nestas
datas.
DESEXÁMOSVOS
UN ATERRADOR E DIVERTIDO SAMAÍN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario