Día das Letras Galegas

 Bo día compañeir@s,

Estamos celebrando un día moi especial para todos/as os galeguiñ@s! Como xa sabedes, é o Día das Letras Galegas. 

Polo tanto, para conmemorar este día tivemos un invitado especial co que nos rimos a esgalla! O noso compañeiro de Trinketrinke Teatro fíxonos unha actuación na que os libros e os monicreques foron os protagonistas.

Aquí deixamos fotografías do ben que o pasamos para celebralo.














Non esquezades que o día das nosas letras son todos!


Día do Libro

 Bo día compañeir@s!

Co gallo da celebración do Día do Libro estivemos a facer morea de actividades no cole, por iso andivemos tan, tan, tan...ocupados.

Entre todos os nenos/as do centro fixemos un gran mural no que cada un recomendou o seu libro favorito, incluíndo a portada, un resumo ou unha valoración. Tamén desfrutamos moito coa actuación de Fantoches Baj e o seu espectáculo de monicreques e narración oral Novos Lobos. 

Do mesmo xeito, gozamos e aprendimos cun obradoiro de poesía centrado en Rosalía de Castro grazas á Asociación de Escritores.

Aquí deixamos fotos de todas as actividades. Agardamos que vos gusten!

Un saúdo.

















Día da Muller

 

O día 8 de marzo celebramos o Día da Muller no noso centro. Para iso, investigamos sobre a muller no deporte, xa que a PDI da biblioteca está centrada nos Xogos Olímpicos. Finalmente creamos este mural tan fermoso que decora a nosa entrada.

Ademais, os nen@s de 5º e 6º de EP asistiron a un taller de igualdade que impartiu a Asociación Visibles de Buño.







Entroido 2022



 

Un ano máis celebramos o entroido no CEIP de Bormoio-Agualada. Este curso estivo centrado na temática dos Xogos Olímpicos.

Ao longo da semana, o Meco foi deixando os seus mandadiños, pedíndolle tanto ao profesorado como ao alumnado que acudiran ao centro con diversos accesorios deportivos. Foi moi divertido!







Por último, o venres viñemos co noso mellor disfrace para desfilar fachendosos pola vila. Pasámolo xenial!