Co gallo da semana da prensa do 9 ao 13 de marzo, o alumnado do centro fixo diferentes seccións dun xornal. Por motivos que todos coñecemos co caso do COVID19, algúns grupos non tiveron tempo de rematar o seu excelente traballo xornalístico. Por este motivo, publicamos agora o material que temos sen perxuicio de que cando voltemos aos nosos postos de traballo, que esperemos sexa o máis pronto posible, poidamos actualizar o xornal.
Dicir tamén que aínda que tiñamos pensado que cada alumno e alumna levara o seu propio xornal impreso, como os tabloides ingleses, desta volta teremos que conformarnos ca versión dixital.
Bo teletraballo, rapaces!
|
Logo copiado e adaptado con fins formativos e sen ánimo de lucro ao novo xornal, en galego, Nós Diario. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario