CRTVG en Agualada!

No primeiro trimestre do ano tivemos a visita dun equipo do programa "Fun polo aire" da TVG. Unha representación do no so alumnado entrevistouse cos reporteiros entre cámaras e focos... e non pensedes que quedaron sen falar. Iso que o tema non era nada doado, viñeronlles preguntar polas hipotecas!
Queredes saber que opinaron os nosos pequenos? Dádelle ao play no enlace sobre o minuto 45, non ten desperdicio e fixérono moi ben. Son divertidísimos.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/fun-polo-aire-programa-39-3955735?t=2428


Ningún comentario:

Publicar un comentario