O
CEIP de Bormoio-Agualada é unha escola abertamente feminista, loitamos pola igualdade e intentamos promover estes valores no noso alumnado. Aínda que con un pouco de retraso, ca colaboración do departamento de música creamos un rap con versos de Rosalía de Castro adicado ó día da muller, que xunto con un manifesto pola igualdade lido por unha representación das alumnas de 6º, conformaron a maior parte da celebración deste día.
Manifesto pola Igualdade
Hoxe, as alumnas e alumnos do CEIP de Bormoio-Agualada reunímonos para declarar a nosa aula e o noso colexio como un "espazo de igualdade en tre mulleres e homes".
As nenas e nenos do cole, as familias, o profesorado e persoal non docente comprometémonos a:
- Tratar a todas as nenas e nenos por igual sen discriminar a ninguén por causa do seu sexo.
- Estaremos atentas e atentos e contaremos á nosa titora ou titor calquera trato desigual que poida sufrir algunha das nosas compañeiras por causa do machismo para tratar de darlle unha resposta entre todas e todos.
- Denunciaremos calquera actitude non respetuosa entre nenos e nenas.
Por todo isto, e porque queremos ESTUDAR nun ambiente onde se cumpra a Declaración Universal de Dereitos Humanos, na que se di que todas as persoas temos os mesmos dereitos e liberdades sen distinción algunha de sexo, declaramos oficialmente a nosa aula, o nos grupo e o noso cole, como un espazo igualitario e libre de machismos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario