Exposición "O noso pasado está no presente"

O EDLG xunto coa colaboración de todo o claustro do CEIP de Bormoio-Agualada presenta esta exposición sobre o noso patrimonio cultural. Nela, poderedes adentrarvos no pasado, observar as fotografías que moitos de vós aportáchedes e ver as reproducións tan creativas, reais e orixinais que fixo o noso alumnado. Alén disto, estarán tamén expostos apeiros labregos empregados anos atrás.

   A aprendizaxe que este proxecto deixa en todos nós é moi importante, pero non debemos esquecer que a finalidade dun proxecto artístico é a súa exposición. Visitádea! Ás vosas nenas e nenos faralles moita ilusión a vosa visita.

O horario de exposición inclúe todos os días de 12:25 a 13:05h, e os mércores de 12:25 a 14:45h.

   Poñédevos en contacto con nós para calquera suxerencia, dúbida ou aclaración. Quedamos á vosa disposición. Esperamos que a disfrutédes tanto coma nós! Grazas por partillar!

   Un saúdo,

                             O EDLG


Ningún comentario:

Publicar un comentario