Pista 1: Escanear un código QR, escoitar o vídeo e responder á pregunta sobre o noso persoeiro para discifrar o código. Deben superar unha proba moi divertida!
Pista 2: Ide elegantes: entrevistamos a Antón Fraguas en directo e con xornalistas.
Pista 3: Moitas palabras do noso patrimonio deberedes buscar ca axuda dun alfabeto de imaxes e uns dicionarios.
Pista 4: Aprendemos sobre os carros e usamos a nosa creatividade plástica para representalos entre todos.
Pista 5: Encontrar pezas e montar un puzzle para conseguir un código. Poderías dicir onde está Antón Fraguas?
Pista 6: Representar un hórreo con material deportivo de maneira cooperativa.
Pista 7: Canto sabes dos traxes tradicionais? Recorta e aprende as prendas e distíngueas para superar esta proba.
Pista 8: Escoller algunha cantiga do noso persoeiro, inventar unha melodía para cantala a ritmo de pandeireta. Se a proba queres pasar, un aturuxo has de probar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario