Día da Paz e Non Violencia co CEIP As Forcadas (Corme)

O día 30 de xaneiro celebramos o día da paz e non violencia no pavillón de Agualada. Seguindo o legado do ano pasado, aproveitamos para facer unha xornada de convivencia co CEIP As Forcadas de Corme. Alí fixemos unha carreira solidaria para recaudar fondos para a ONG Save the Children e tamén fixemos unha pomba na que o alumnado traballou por grupos con diferentes conflictos.
O EDLG de Agualada colaborou con esta festividade realizando estes carteis para que cada grupo-clase  puidese invitar aos compañeiros e compañeiras de Corme.
Alén disto, fixemos uns podcast de radio para informar á comunidade escolar na que foron os propios nenos os que... como dicilo? Quitáronnos dalgunhas dúbidas dunha forma moi divertida. Aquí podedes escoitar e ollar o que fixemos :



Día Paz e Non Violencia

Ningún comentario:

Publicar un comentario