Día da Muller Traballadora, 8M.

O Antídoto Contra a Desigualdade

Co gallo do día internacional da muller o 8 de marzo ♀, desde o EDLG fixemos dúas actividades moi interesante sobre igualdade, feminismo, sororidade e empoderamento da muller na sociedade. Con elas, pretendemos poñer o noso grao de area para contribuír a transformar a sociedade nunha moito máis xusta. Por suposto, os máis novos son clave para esta transformación e temos que darlles as ferramentas e as oportunidades de reflexión e crítica para un cambio real.
Así, fixemos dúas actividades:
  • Unha dirixida aos máis noviños, "Malala": Ed. Infantil e 1º e 2º da Ed. Primaria.
  • A outra, atopa "O antídoto contra a desigualdade" dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria.
Nestas actividades, é moi importante a colaboración do profesorado xa que implica a todos os niveis e hai que agradecer a colaboración aportada. Alén disto, temos que dar as gracias e recoñecer o labor que outros docentes da comunidade realizan e difunden gratuitamente nas redes e entre os propios colegas. Así, queremos agradecer o labor de dinamización desinteresada, doazón de materiais, fomento do galego e da cultura en xeral a todos estes compañeiros e compañeiras, en especial a que fai a compañeira Patricia Sánchez Lamas na súa páxina web A fiestra da Mestra. Desde aquí, moitos parabéns polo gran traballo! Todo canto poderedes ver da actividade "O antídoto contra a desigualdade" para os máis maiores foi idea orixinal dela, que por suposto, pareceunos moi adecuada para facer en calquera centro educativo, como o noso😍. É un luxo contar con docentes así  e tan comprometido co ensino público metendo unha cantidade enorme de horas do seu ocio en crear proxectos así. Grazas, de verdade.



 

Malala Yousafzai é unha activista a prol da educación feminina en Paquistán, e a persoa máis nova en recibir un Premio Nobel en calquera categoría. Na actividade de Malala, os máis noviños tiveron que seguir diferentes ordes de Malala (audios gravados polo alumnado máis maior) ata atopar o Nobel da Paz, tendo que superar diversas probas. Foi unha actividade moi dinámica, adaptada a eles e moi interesante a nivel formativo. Aquí tedes algunhas fotos:































 
O Antídoto contra a Desigualdade foi o escape room que realizamos desde o EDLG, adaptando a versión orixinal anteriormente comentada da Fiestra da Mestra. O alumnado, por grupos, tivo que visualizar un vídeo para despois seguir unha serie de pistas que con moita investigación, intelixencia e cooperación, poder atopar o antídoto contra a desigualdade que fora secuestrado. Aprenderon unha valiosa lección, tédela aquí:

































 

Ningún comentario:

Publicar un comentario