Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres - 25N

Ola a tod@s!
Poñémonos de novo en marcha para contarvos todo aquilo no que estivemos mooooi ocupados durante estas últimas semanas. 
Co motivo da celebración do 25 de novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres), e da man do equipo VELAÍSCA (https://velaisca.com/), creamos un vídeo no que se modificou a letra dunha canción actual e adaptámola a este día tan sinalado.

Participou todo o alumnado do centro e...pasárono xenial! Aquí deixamos o enlace do noso fantástico vídeo! 

Ademais, tamén nos divertimos moito decorando o centro e participando noutras iniciativas como "Nin unha cadeira máis baleira" do concello de Coristanco.

Agardamos que o desfrutedes tanto como nós!

Saúdos virtuais!






























Ningún comentario:

Publicar un comentario