Desde o Dept. de Dinamización da Lingua Galega, invitamos a todas as familias a colaborar co cole e compartir as súas destrezas, experiencias e sabiduría cultural relacionada co noso patrimonio cultural máis cercano. Na primeira delas, con motivo do Entroido, tivemos a sorte de contar con Emilia (avoa dunha alumna do centro) e con Nieves (nai do mestre Sergio, titor de 5/6º EP), que nos prepararon e explicaron unha receita deliciosa nesta época do ano. Iso si, en dúas variantes: na sartén e á pedra!
Moito traballaron, que tiveron que traer os seus propios aparellos, que por certo, pesaban un montón. Foi unha experiencia moi enriquecedora, as nosas papilas gustativas non poderán esquecer fácilmente esta visita cultural-culinaria... Mmmmmmmm!
Time-Lapse Filloas á pedra
Time-Lapse Filloas en sartén
Ningún comentario:
Publicar un comentario