Desde o Dept. de Dinamización da Lingua Galega, invitamos a todas as
familias a colaborar co cole e compartir as súas destrezas, experiencias
e sabiduría cultural relacionada co noso patrimonio cultural máis
cercano. Nesta ocasión, ensínannos a facer pan a nai e a tía da nosa alumna Sara, de 6º EP. A verdade é que quedamos moi sorprendidos co resultado, o comportamento do alumnado foi moi bo e a verdade que aprendemos moitísimo. Alén disto, gracias a previsión das organizadoras traendo xa masa fermentada do día anterior, ademais de realizar todo o proceso de amasado, puidemos levar o noso boliño de pan cada un para a súa casa (algún nin chegou, xa quedou no bandullo de camiño).
Moitísimas gracias pola colaboración!
Deixámosvos aquí algunhas fotos da actividade
Ningún comentario:
Publicar un comentario