Na procura do Tesouro (EI e 1º ciclo EP), Letras Galegas 2019

       O EDLG do CEIP de Bormoio-Agualada organizou unha actividade para o alumnado relacionada co persoeiro ao que se lle adica este 17 de maio de 2019: Antón Fraguas. Pensamos que a través dunha "busca do tesouro" sería unha forma adecuada para aprender e achegar o noso alumnado á vida e obra do noso persoeiro. Levou tempo, organización e sacrificio mais ca boa acollida por parte do alumnado e das compañeiras e compañeiros, quedou todo recompensado. Nesta entrada, atoparedes un resumo con toda a información das actividades realizadas (fonte: Seminario Galán) e material gráfico da busca do tesouro adaptada para EI e 1º ciclo da EP. Esperamos as que desfrutedes tanto coma nós!






  • PISTA Nº1: Completa o carné do persoeiro ao que se lle adica o día das letras galegas 2019
     
      
     



    •  PISTA Nº2 Composición dun quebracabezas, relación cun poema e un animal para obter un código numérico.





    • PISTA Nº3: Representación dun hórreo con material de deportivo.





    Hórreo galego interpretado



    •  PISTA Nº4: Memorización dun poema e da receita da bica. 




    •  PISTA Nº5 : Aprendemos sobre o que é un xugo e usamos a creatividade para a súa representación con plastilina. 
      





























    •  PISTA Nº6: Atopar os 5 erros na foto dos “MEMBROS DOS ESTUDIOS GALEGOS PADRE SARMIENTO” e identificación de Antón Fraguas.
     







    • PISTA Nº7: Actividades interactivas sobre o noso persoeiro. 
     








    • PISTA Nº8: Escaneo dun código QR e visualización do noso persoeiro nun vídeo. Que fixeron algunhas persoas contra el? 
     








    O noso tesouro!



    O noso tesouro!










    Ningún comentario:

    Publicar un comentario